Os maiores das residencias poden saír cun protocolo, pero recoméndanlles quedar
Dos 163 usuarios da residencia de maiores de Barbabás, por agora só tres comunicaron que van pasar o Nadal coa familia. O resto, coma Gerardo, de 90 anos, pasarán estas datas coa que di é a súa segunda familia.
"Só podo ver a persoa con quen vou ir e teño catro irmáns en Ourense e non podo ver a ningún, e iso sen contar os fillos e os que están fóra, entonces non me vale a pena. E aquí non me falta nada, estou ben, teño todo menos a familia, todo, o que quero téñoo", explica.
Gerardo di que bota de menos as súas fillas e os irmáns, pero quere que saiban que el está ben.
Para eles vai haber un menú especial e sorpresas do persoal que os coida. Desde as residencias de maiores lémbranlles ás familias a importancia de cumprir as normas en caso de saír do centro.
Luísa Villamarín, directora da residencia DomusVi de Barbadás, entende que é moito mellor nestes momentos que queden.
Tamén os usuarios dos centros de discapacidade e saúde mental poderán saír cumprindo o protocolo, pero moitos pasarán o Nadal sen a familia.
"Aquí sempre se fai algunha festiña, música e intentar o persoal que estamos aquí facérllelo o máis agradable posible", asegura Alba Campos Sotelo, directora da Unidade Residencial Troncoso.
Ese é o obxectivo, que o Nadal nas residencias sexa seguro, e tratarán de acompañalos o mellor posible.