CRTVG

Buscar

Os lugueses adáptanse aos cambios no tráfico e nos autobuses

Publicado o 03/06/2021 15:02

Os lugueses tratan de adaptarse aos cambios na mobilidade que trouxo consigo o peche dun treito da rolda da muralla para convertelo en peonil. 15 rúas da contorna cambiaron de dirección e parte do tráfico rediríxese dende a rotonda na avenida Ramón Ferreiro. É o punto de maior confusión e descoido para os condutores.

Unha adaptación con controversia. As críticas veñen pola presenza de varios centro escolares na zona. Xunto á reorganización do tráfico reestruturáronse as liñas do transporte público. Mentres, o Goberno defende que se ampliaron as rutas e se acurtaron os tempos. A oposición di que encareceron o servizo cos transbordos. O Concello di que a modificación das tarifas tratarase no proximo pleno.

Noticias web

03/06/2021