CRTVG

Buscar

Os loteiros demandan unha suba das comisións polas vendas

Publicado o 22/09/2021 16:40

Loteiros de toda España manifestáronse hoxe en Madrid para pedirle a Facenda máis marxe de beneficio nas súas vendas. Levan coas porcentaxes conxeladas desde hai case dúas décadas e que neste tempo o nivel de vida subiu ata un 30 por cento.

É a primeira vez na historia que os loteiros se mobilizan para reivindicar unhas mellores condicións. Agora mesmo, pola venda dun décimo da lotaría do Nadal gañan 80 céntimos; pola do sábado, 33, e un boleto do Euromillóns déixalles 14 céntimos.

Din que así é imposible soportar os gastos que teñen nas administracións e que, polo tanto, é o momento de que se actualicen as súas comisións.




 

Noticias web

22/09/2021