Os loteiros confirman unha baixada nas vendas da lotaría de Nadal este ano
A crise do coronavirus estase a notar na venda da lotaría de Nadal. Así o din polo menos os loteiros.Algúns afirman que á espera do balance do luns, en principio a baixada é de ata un 30 por cento
"Si case a metade. A ver, ata o luns non sabemos o cuadrante do ano pasado, pero máis ou menos polo menos un 30 ou un 40% menos vaise vender", afirma a propietaria dunha administración.
Os clientes que hoxe facían ringleira nesta administración din que máis ou menos xogan o mesmo que o ano pasado.
"Xogo números diferentes e xogo 4 ou 5 décimos, tampouco non é que xogue...pero xa xoguei toda a vida e nunca me tocou nada"
"Menos, menos, Eu son unha persoa xubilada e tampouco podo xogar moito"
"Máis ou menos igual, son de pouca lotaría"
As terminaciós en números impares seguen a ser das máis demandadas, pero este ano tamén se venderon moito os terminados en 80, segundo afrma a loteira
"Ui, o 080 o dos bomeiros. Ese saíu como churros", di Ana García
Esta administración coruñesa é unha das que máis vende da cidade. Agardan que o martes os visite a Televión de Galicia para celebrar algún premio.