CRTVG

Buscar

Os lobos matáronlle 6 becerros nos últimos 3 meses en Aranga

Publicado o 05/05/2020 14:23

Azucena ten unha explotación gandeira en Valló, no concello coruñés de Aranga. Crían con destino á carne desde hai vinte anos. Pero os últimos tres meses, polo que conta, a súa actividade vive momentos críticos. Pídelle á Xunta que faga algo, porque en tres meses o lobo matoulles seis becerros. A metade deles esta fin de semana.

Azucena Guerreiro, gandeira en Valló, Aranga: "Foi por aí enrriba e xa encontrou unha becerra tirada e morta. Coantamos e miramos o animais e xa apareceu outra máis e onte apareceu o resto.
Hai un par de meses matáronme unha de ano e pico. Haberá tres meses volveron matar dous becerros. E agora, pois esta vez foron tres. Que fagan algo, que nos dean axudas ou que fagan batidas para retirar ese animal ou que lles leven comida aos lobos ao monte".

Di que o lobo tamén lle ten ocasionado perdas na súa cabana ovina.

Azucena Guerreiro, gandeira en Valló, Aranga: "Os ataques de lobo empezaron coas ovellas. Xa levamos anos... hoxe tres, pasado, unha; para o outro, outra... e quedou aí. Agora non lle chegan as ovellas".

Pero non é só a desfeita dos lobos. Explica que tén becerros e ovellas listos para a venda, pero non lle chegan ofertas, nin van os tratantes. Di a gandeira que non teñen saída como consecuencia da crise do coronavirus e mentres tanto, os gastos de mantemento da actividade seguen correndo día a día.

Noticias web

05/05/2020