CRTVG

Buscar

Os lobos matan de novo unha vaca en Vilar de Barrio

Publicado o 10/10/2019 13:58

Os lobos matan de novo unha vaca na aldea de Porto, no concello ourensán de Vilar de Barrio. Onte deixárona xa media comida pero hoxe dela xa só quedaban as tripas. É o segundo ataque que sofre este gandeiro en menos de 15 días.

O dono xa deu parte deste novo ataque e pide axilidade aos técnicos para que comproben canto antes os danos ocasionados. Di que é o único xeito de tramitar a documentación e poder percibir cartos pola perda do animal.

Os gandeiros temen novos ataques, aseguran que os lobos levan varios días roldando e mesmo instalaron cámaras para poder velos e telos vixiados nesta zona ao pé da serra de San Mamede.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/10/2019