Os limpacovids, o xogo solidario para vencer o coronavirus
Os limpacovids, o xogo solidario para vencer o coronavirus
Partindo dos debuxos orixinais realizados polos nenos e nenas deseñáronse o taboleiro e os personaxes deste novo xogo de mesa, Os Limpacovids.
Os xogadores escollen entre ser o propio virus, unha medica, un enfermeiro ou calquera dos habitantes da vila. As preguntas abordan materias escolares como lingüística, sociais e naturais. Trátase de acertar as respostas mentres se aprende de xeito divertido xogando coa pandemia.
Logo veu a idea de poñer o xogo á venda con fins benéficos para o que contaron coa colaboración dunha marca coruñesa que lle deu un pulo ao deseño.
Os beneficios obtidos coa venda do xogo serán doados a Cáritas Oleiros para que todas as familias teñan agasallos este Nadal.