CRTVG

Buscar

Os límites na educación, clave para reducir a conflitividade na adolescencia

Publicado o 10/04/2019 20:46

Na última década disparouse o número de adolescentes conflitivos, pasando do 50 ao 70 por cento. Segundo os psicólogos, este fenómeno é consecuencia dunha cada vez maior carencia de límites precisos na educación dos rapaces. De feito, recomendan que unicamente se negocien as normas, sen concesións nas liñas vermellas.

"Eu teño unha filla e penso que o primeiro é o exemplo que lles dás e sobre todo consellos, non imposición. Hai que poñer certos límites na educación dos cativos", relata un pai. 

A maioría dos casos de adolescentes conflitivos danse entre os 13 e os 16 anos. Pero os problemas deben previrse dende moito antes. 

María Jesús Álava Reyes, psicóloga e autora do libro El no también ayuda a crecer: "O que necesitamos dende pequenos, dende que nacen, é poñerlles unha serie de pautas, normas, límites, hábitos que sexan consecuentes en relación coa súa idade, que non saltemos nunca e que lles permita ser adultos autenticamente libres o día de mañá".

Os expertos destacan, ademais, que o modelo educativo do colexio e mais o familiar deben ser coherentes, co fin de infundirlles seguridade aos rapaces.

Noticias web

10/04/2019