Os líderes ultranacionalistas lanzan unha alianza para facerse fortes no Parlamento Europeo
Publicado o 02/04/2021 08:41

Os primeiros ministros de Hungría, Polonia e o líder da liga italiana acordaron formar un grupo encamiñado a lograr o que cualificaron como renacimento europeo. Os tres líderes ultranacionalistas reuníronse en Budapest para tratar de unir forzas en defensa dos valores tradicionais.
O partido de Orbán, o primeiro ministro húngaro, abandonou hai uns días o grupo do Partido Popular Europeo de ahí que se especulase coa posibilidade de que tratasen de formar un novo grupo na Eurocámara, unha idea coa que, de momento, non se comprometeu publicamente ningún dos tres líderes.