CRTVG

Buscar

Os líderes políticos dedican a xornada de reflexión a descansar

Publicado o 09/11/2019 09:39

Ás doce da noite remataba a campaña electoral e hoxe sábado é xornada de reflexión.
Xa está todo preparado para o domingo nos preto de 23.000 centros de votación de toda España e nas algo máis de 59.500 mesas electorais.
Nestas eleccións ao Congreso e ao Senado máis de 37 millóns de electores están chamados ás urnas. Nesta ocasión cóntase con 226 mil novos electores. Estas eleccións xerais contan cun presuposto de 136 millóns de euros, tres menos que as de abril.
Tras unha campaña máis breve do habitual, os principais líderes políticos dedicarán a xornada a descansar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/11/2019