CRTVG

Buscar

Os líderes non conseguen acordar os orzamentos da UE

Publicado o 21/02/2020 19:39

• Os máis ricos pedían recortar os fondos agrícolas e de cohesión, algo inasumible por outros países como España

 

Fracasa o primeiro intento de pactar as contas europeas para os vindeiros sete anos. Tras o desacordo deste xoves, a nova proposta da Comisión, que recurtaba en 5.000 millóns a inicial, demostrouse inasumible polos 17 paises aos que a cifra de partida xa lles parecía escasa. España cualificou de moi insuficiente o documento da Comisión.

Pedro Sánchez, presidente do Goberno, dixo que "hai capacidades para que a Unión Europea aumente os seus recursos propios? Desde logo que o hai. E tamén hai marxe para que a política agrícola común e a política de cohesión teñan un financiamento debido e xusto. Aquí estamos falando de xustiza"

Cre que esa cifra non cobre as necesidades mínimas do club comunitario e lamenta o protagonismo que se lles concedeu a Austria, Holanda, Suecia e Dinamarca, voceiros da austeridade e contrarios a cubrir o oco que deixa a marcha do Reino Unido. O noso país e outros 16 pugnan para que, cando menos, o recorte deixe a salvo as partidas destinadas á Política Agraria Común e os fondos de cohesiónm unha pelexa que queda apraza sen data.

Noticias web

21/02/2020