CRTVG

Buscar

Os líderes mundiais debaten sobre o cambio climático no cumio do G-20

Publicado o 30/11/2018 08:52

Bos Aires acolle o décimo terceiro cumio de líderes do G-20 e a cidade esta cercada para garantir a seguridade dos participantes, que comezarán a chegar a este recinto dentro duns minutos para a tradicional foto de familia e a benvida do anfitrión, Mauricio Macri, que ostenta a presidencia temporal do bloque.

Sobre a mesa haberá dous temas chave: rebaixar as tensións comerciais entre os Estados Unidos e A China e a loita contra o cambio climático.

A Arxentina, como anfitrioa, fixou como prioridades da axenda o futuro do traballo, a infraestructura para o desenvolvemento e un futuro alimentario sostible. Pero os puntos máis tensos volverán ser o proteccionismo e a loita contra o cambio climático.

Neste senso, as reunións bilaterais á marxe deste foro serán chave. A máis agardada é a que manterán o presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, e o seu homólogo chinés, Xi Jinping, para ver se a súa guerra comercial se relaxa.

Por outra banda, Trump cancelou o encontro que tiña previsto co ruso Vladimir Putin polas tensións no mar Negro.

E a chanceler alemá, Angela Merkel, perderá a apertura do cumio debido a unha avaría no avión en que viaxaba a Bos Aires.

 

Noticias web

30/11/2018