Os líderes europeos analizan a xestión migratoria coa crise de Ceuta sobre a mesa
Publicado o 24/05/2021 15:21
A xestión migratoria será tamén un dos temas que se van debater na reunión dos líderes europeos esta tarde. O asunto non estaba de saída na axenda prevista polo presidente do Consello Europeo pero incorporouse de última hora, a petición de Italia.
O primeiro ministro Mario Draghi quere que se retome o debate sobre a reforma da política migratoria e de asilo, que segue bloqueada polas diferenzas entre os estados membros.
A alerta reactivouse tras a chegada irregular de milleiros de inmigrantes a Ceuta en poucas horas. España sumarase a esa petición de necesidade de establecer respostas comúns á inmigración de forma urxente. Non obstante, as distintas fontes consultadas non agardan da cita ningún debate concluínte.