CRTVG

Buscar

Xornada de reflexión entre reunións de partido, paseos coa familia ou magostos

Publicado o 09/11/2019 21:34

O presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, presidiu esta mañá na Moncloa a reunión do comité de coordinación da situación en Cataluña, xunto a Carmen Calvo e Grande-Marlaska.

O líder do PP, Pablo Casado, pasou a xornada xunto á súa muller en Barcelona, onde tiña un compromiso persoal. Aproveitou a visita para reunirse coa dirección do PP en Cataluña.

Albert Rivera publicaba un vídeo nas redes sociais no que agradeceu o esforzo a todos os que traballaron con el na campaña. Aseguraba que xa tocaba descansar... que ía facer deporte e mesmo comer unha paella.

Pablo Iglesias saía a camiñar polo campo cos seus tres cans. Publicaba con eles unha foto en Twitter. Íñigo Errejón aproveitou a xornada tamén para pasear, no seu caso, pola praia da Malvarrosa en Valencia, xunto aos líderes de Compromís, Mónica Oltra e Joan Baldoví.


En Galicia, a cabeza de lista do PPdeG pola provincia da Coruña, Marta González, pasou a xornada con familiares en Bertamiráns e Brión, antes de participar nun magosto na parroquia compostelá de Laraño.

O líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, paseou por Compostela coas cabeza de lista do seu partido ao Congreso... e paraban nunha cafetería da zona vella.

A candidata de Galicia en Común-Podemos, Yolanda Díaz, paseou coa súa filla por Santiago, coa intención de mercarlle algún libro.

Ana Pontón participaba nun vermú con outros membros do BNG na praza de abastos de Compostela, no que tamén estivo o cabeza de lista ao Congreso pola Coruña, Néstor Rego.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/11/2019