CRTVG

Buscar

Os líderes da Unión Europea expoñen nunha carta que seguirán loitando polos dereitos do colectivo LGBTI

Publicado o 24/06/2021 11:15
Os líderes da Unión Europea expoñen nunha carta que seguirán loitando polos dereitos do colectivo LGBTI

Os líderes de 16 países da Unión Europea, entre eles Pedro Sánchez, prometeron hoxe seguir loitando contra a discriminación á comunidade LGBTI e reafirmaron a defensa dos dereitos fundamentais deste colectivo, nunha carta conxunta dirixida aos presidentes das tres institucións da UE.

O presidente do Goberno publicou un chío coa carta horas antes do cumio de dous días de xefes de Estado e de Goberno que comeza hoxe en Bruxelas. A polémica xerada pola lei de Hungría que prohibe falar de homosexualidade nos colexios e nos medios de comunicación será un dos temas a debate entre os Vinte e sete. 

Noticias web

24/06/2021