CRTVG

Buscar

Os líderes da UE retoman os cumios presenciais coa xestión da covid enriba da mesa

Publicado o 24/05/2021 14:55

España vai pedir hoxe en Bruxelas melloras na distribución das vacinas para que cheguen a todos os países. Será a posición que traia o presidente español á reunión do Consello Europeo, que comeza ás cinco. E que volve ser presencial, por primeira vez dende decembro.

Sánchez insistirá na necesidade de garantir a subministración de vacinas a todos os países, para que ningúen quede atrás. E garantir así o control efectivo da pandemia.

A Comisión Europea apuntou o venres o reto de comprometer polo menos 100 millóns de doses que serían enviadas a países pobres antes de que remate o ano. E agardan que os líderes dean un sinal de apoio a esas cifras. Os líderes europeos analizarán tamén o certificado verde dixital que facilitará a mobilidade entre os cidadáns europeos a partir do 1 de xullo.

Noticias web

24/05/2021