CRTVG

Buscar

Os líderes comunitarios buscan como repartir os cargos máis influentes da UE

Publicado o 30/06/2019 17:58

En Bruxelas, os líderes comunitarios intentan chegar hoxe, por terceira vez despois das eleccións europeas, a un acordo para a repartición dos cinco cargos máis influentes e importantes do executivo europeo para os vindeiros cinco anos. A elección corre présa porque o mércores o Parlamento europeo pretende elixir o seu presidente e ese é un dos nomes que teñen que pactar os 28, que celebran hoxe cumio urxente, difícil e longo, na capital comunitaria.

A previsión é que a reunión podería prolongarse ata mañá. Veremos. O da repartición de cargos institucionais é un debate difícil porque é complicado lograr un equilibrio perfecto entre as familias políticas europeas, inflúen as divisións territoriais entre os países do leste, que rexeitan todas as propostas que hai sobre a mesa, de momento, e o oeste. Hai que ter en conta o xénero, debe haber equilibrio entre homes e mulleres. Hai contactos permanentes entre os líderes de cada partido. Pedro Sánchez foi elixido polos socialistas como voceiro das negociacións dese partido. Estivo hai un par de horas co presidente do Consello. Terá reunións en breve con Merkel e Macron. O cargo de presidente da Comisión, do executivo comunitario é o máis desexado. De momento, todo está aberto pero é posible que o socialista Frans Timermans sexa o que teña máis apoio. En principio, podería contar co respaldo de Holanda, España, Francia e Alemaña.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/06/2019