CRTVG

Buscar

Os letrados suxiren deixar a maioría absoluta do Congreso en 176 deputados a pesar da suspensión dos presos

Publicado o 04/06/2019 20:16
Os letrados suxiren deixar a maioría absoluta do Congreso en 176 deputados a pesar da suspensión dos presos

O informe dos letrados do Congreso que pediu a Mesa para establecer o cómputo da maioría absoluta na Cámara avoga por mantela sobre un arco parlamentario de 350 deputados, polo que seguiría en 176 a pesar da suspensión dos catro parlamentarios cataláns.

Fontes da Mesa do Congreso informaron sobre este punto do informe, que é clave cara a debates e votacións relevantes como o da investidura do próximo presidente do Goberno. A maioría absoluta mantense, por tanto, nos 176 deputados, porque, como argumentan os letrados no informe, aos catro suspendidos por estar en prisión "se lles priva do exercicio pero non da titularidade do cargo".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/06/2019