CRTVG

Buscar

Os letrados do Congreso avalan que Alberto Rodríguez siga no seu escano

Publicado o 18/10/2021 20:29
Os letrados do Congreso avalan que Alberto Rodríguez siga no seu escano

Os servizos xurídicos do Congreso din que o deputado de Podemos, Alberto Rodríguez, non ten que deixar o seu escano. Rodríguez foi condenado a un mes e quince días de cadea pola agresión a un policía, unha pena que o tribunal substituíu por unha multa.

Os letrados da cámara baixa sosteñen que o pago desa sanción supón a sentenza non debe ter un efecto penal extra. Argumentan tamén que no caso non concorre ningunha das causa de incompatibilidade contemplada no regulamento do Congreso ou na lei electoral.

Noticias web

18/10/2021