CRTVG

Buscar

Os lanzadores cubanos poderían preparar o Mundial de atletismo en Galicia

Publicado o 11/06/2019 20:36

O presidente da Federación Cubana de Atletismo, o ex-atleta Alberto Juantorena, chegou hoxe a Galicia convidado pola federación galega. O mítico deportista cubano, gañador de dúas medallas de ouro nos Xogos de Montreal 76 nas probas de 400 e 800 metros, estará aquí ata mañá.

Avaliará as instalacións da Escola Galega de Lanzamentos coa idea de traer os lanzadores cubanos que preparan o Mundial deste ano. Juantorena lembrou na Televisión de Galicia a súa fazaña de 1976, que ata o momento ninguén foi quen de emular: "É moi difícil porque son dous carreiras distintas. Unha consome osíxeno. Outra non consome osíxeno. 400 é a derradeira da velocidade e 800 é a primeira de medio fondo".

"É realmente moi complicado poder facer todas estas carreiras. Cando eu fun á final de 400 metros lisos eu tiña tres carreiras de 400 e tres carreiras de 800, unha con récord mundial. Por iso se converteu en algo moi difícil e moi complicado de facer. Fun o único da historia que o fixo. Pero como son un ser humano, outro ser humano pódeo facer e moito mellor ca min".

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/06/2019