CRTVG

Buscar

Os ladróns rouban os cables do campo de fútbol de Barbantes e déixano sen luz

Publicado o 06/12/2018 13:02

Os ladróns deixan sen luz o campo de fútbol de Barbantes. O Concello de Cenlle denunciou o roubo de todos os cables eléctricos que alimentan as torres de iluminación e o sistema de rega do céspede do campo. Ademais, os delincuentes roubaron tamén unha batería e dúas electroválvulas. O botín, segundo o concello, ascende a 2.500 euros. A Garda Civil sospeita que se trata de vendedores de cobre e busca pistas dos autores en chatarrerías da provincia de Ourense.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2018