CRTVG

Buscar

Os ladróns rouban máis de 2.000 euros da caixa rexistradora dun bar de Narón

Publicado o 06/12/2017 14:00

Máis de dous mil euros, calcula que lle levaron os ladróns a dona dun bar de Narón. Entraron por un burato, que fixeron desde o portal lindeiro, e levaron o diñeiro que había na caixa rexistradora, na máquina de apostas e nas comecartos.

Foi contra as dúas da mañá e o único veciño do edificio, dono tamén do local onde está o bar, non sentiu nada. Os ladróns accederon por un burato que eles mesmos abriron na parede do portal que linda co bar. 

O único que escoitou algo foi o dono dun taller, uns portais máis alá, pero non pensou que se tratase de ladróns. 

Desvalixaron a caixa forte, a máquina de apostas -que xa foi substituída por unha nova- e as comecartos. En total, máis de dous mil euros, segundo os cálculos da dona do bar.

Esta mañá presentou a denuncia na comisaría de Policía.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2017