CRTVG

Buscar

Os ladróns asaltan tres bares en Melide en poucos días para levar a caixa automática

Publicado o 25/10/2019 14:43

Os ladróns de caixas rexistradoras automáticas volveron a establecementos hostaleiros de Melide despois dunha primeira acción que data de agosto e nos dous últimos espetando coches contra as portas.

Antonte á madrugada esnafraron un que roubaran preto contra unha das desta cervexería. En catro minutos arramplaron coa caixa automática e deixaron atrás varias botellas de licor rotas polo chan.

"Supostamente son tres persoas, porque para levar esa caixa automática fai falta xente con forza, porque é moi pesada e fixérono en poucos minutos".

A que levaron é unha máquina de moedas coma esta que funciona como caixa automática para os cambios e na que se vai acumulando o efectivo recadado. Como sinala a empregada do establecemento asaltado, neste caso a máquina tiña máis valor que o contido. A que vemos repúxoa o mesmo hostaleiro tras un roubo anterior.

"No mes de agosto no noso outro local sufrimos outro. Alí, manipularon a pechadura e tamén levaron a caixa automática sen máis estragos. Agora probablemente estas caixas baixaran de prezo, pero a nosa está valorada en 10.500 euros".

Os hostaleiros sospeitan que os autores destes roubos teñen un obxectivo moi concreto, facerse coas caixas automáticas para vendelas. Neste restaurante situado na mesma zona de Melide hai dúas semanas esnafraron outro coche roubado -tamén un Seat León- contra a porta. Colleron a caixa e levárona. Foi unha acción nocturna de catro individuos provistos dun pico que non usaron. Fixérono en dous minutos, sen marxe de tempo para frealos a pesar de que tamén neste caso soou a alarma.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/10/2019