CRTVG

Buscar

Os irmáns Vallejo comezan en Lorca un novo reto no campionato de terra

Publicado o 08/03/2018 17:00

Mañá comeza en Murcia o Campionato de España de rallys de terra. E aí estarán co seu Porsche os irmáns Vallejo.

Saíron para Lorca de madrugada para afrontar a primeira proba do calendario. Os Vallejo cerran definitivamente a súa etapa nos rallys de asfalto e inician unha aventura coa que se queren divertir.

Quere volver gozar un que foi dúas veces campión de España no asfalto e que logrou algo máis de vinte vitorias no seu palmarés. Competir por ser campión no asfalto cada vez é máis caro e non están os tempos para conseguir moitos patrocinadores. 

E gozarán porque hai tempo que non se ve un Porsche nos rallys de terra. É o único inscrito, o único con este son. 

Haberá trinta coches con tracción total. Sae en desvantaxe Vallejo. El quere pasalo ben e o de subir ao podio... verémolo o sábado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/03/2018