CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

Os irmáns Roca gaban as potencialidades da gastronomía galega en Bos Aires

Publicado o 08/08/2015 14:55
Os propietarios do mellor restaurante do mundo segundo a revista británica Restaurant, os irmáns Roca, están de xira culinaria, e ao seu paso por Bos Aires resaltaron as potencialidades da gastronomía galega actual e a calidade dos seus cociñeiros.

Joan, Josep e Jordi son os propietarios do famoso Celler de Can Roca, o restaurante xironés que coroa o ranking dos mellores do mundo.

A súa concepción da cociña como unha linguaxe universal fainos protagonistas dunha xira internacional na que aportarán a súa visión dalgúns dos pratos estrela destes países.

Bos Aires foi a primeira parada. E aquí, Joan Roca, non se esqueceu de resaltar a calidade dos produtos e dos chefs galegos.

"Galicia en particular tiene un producto extraordinario, que todos los cocineros envidiamos. Y además, un grupo de cocineros maravillosos, comprometidos con la innovación, con la creatividad".

Tampouco dubidaron en reflexar que, a pesares do paso do tempo, a cociña arxentina conserva certas influenzas da galega, froito dos importantes fluxos migratorios de principios do século pasado.

"Hay influencias de la cocina gallega. Ojalá hubieran influido más para que se consumiera más pescado y más marisco, que se consume poco, es lo único que me sorprende".

Miami, Birmingan, Houston e Estambul serán os próximos destinos aos que agardan rendir tributo co seu propio estilo culinario que logra que, o Celler de Can Roca, teña todas as reservas esgotadas ata dentro de once meses.

Pescada negra, langotinos, cordeiro salteño, mate ou fernet son algúns dos pratos que pasaron por este salón capitaneado polos célebres irmáns Roca.
Eles aportaron a súa propia visión dalgúns dos manxares máis célebres da cociña arxentina.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí