Os irmáns Quintela abandeiran o retorno á ACB do Breogan
Publicado o 17/09/2021 13:23
Mañá debutan na competición ante un dos equipos revelación da temporada pasada: o Tenerife
E chegou o gran día para os breoganistas. Mañá este escenario volverá acoller un partido da liga ACB. O Breogán contará co alento do Pazo para plantarlle cara ao Tenerife, o equipo revelación da temporada pasada. Os irmáns Quintela abandeiran o retorno deste novo Breogán á máxima categoría. O reto é complicado pero, como a gran maioría nunha competición así:
"Temos que afrontalo como o que é, unha final. Pero todos os partidos o serán. Están competindo co Madrid e co Barça, iso fala moi ben dos seus xogadores", comentou Sergi, o pequeno dos Quintela.
"Xogar no Breogán co meu irmán é único, un soño único e especial", asegurou pola súa parte Erik.