Os irmáns Lamas non estarán na Copa co Liceo
Publicado o 20/02/2019 20:35
O Liceo debuta mañá na Copa. Visita o Igualada en cuartos. Josep, sancionado con sete partidos. Os irmáns Lamas non xogarán na Copa en Reus Unha cita á que non asistirán os irmáns Lamas. Eduard está lesionado. Josep, sancionado durante sete partidos. O xogador viu a vermella no partido ante o San Cugat. Un castigo que implica que perda practicamente o que resta de competición. Máis problemas para Juan Copa aínda que o equipo non perde a ilusión de erguer un título esta temporada.
Marc Coy: "Cada vez que entramos nunha competición, imos por ela. A Copa do Rei non é menos. Imos con moita ilusión e sabendo que, se cadra, pode ser a única opción de erguer un título, outro máis, esta temporada. Con moitas ganas e moita ilusión".