CRTVG

Buscar

Os investigadores queren saber se naceu unha nova ameixa nas rías

Publicado o 15/01/2020 14:06

Non é habitual, pero hai bancos marisqueiros onde custa diferenciar as ameixas xapónicas das finas. Investigadores galegos cren que se pode deber á hibridación de ambas as dúas especies, que, se se confirma, daría lugar a unha nova ameixa do país.

Din as mariscadoras que, na inmensa maioría dos casos, é sinxelo distinguir a ameixa xapónica da fina. Pero tamén admiten que, de cando en vez, aparecen exemplares que as fan dubidar. Ameixas que, segundo apuntan algúns investigadores, poderían ser híbridos das dúas especies. Á falta do estudo xenético que confirme a teoría desta nova ameixa, o sector amósase escéptico.

Máis que a hibridación preocúpalles a competencia entre ambas as dúas especies, unha das posibles causas que explicarían a crecente mortaldade da ameixa fina nos bancos marisqueiros do país.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/01/2020