CRTVG

Buscar

Os internos de ASPNAIS en Lugo, xa vacinados, saen de paseo tras un ano encerrados

Publicado o 21/02/2021 13:22

Así que se vacinaron, deixaron pasar tres semanas para que a inmunidade se desenvolvese. Agora, os usuarios de ASPNAIS xa poden saír á rúa. Estes días son os seus primeiros paseos fóra deste centro, onde hai prazas públicas e privadas e no que residen unhas sesenta persoas con algún tipo de discapacidade intelectual.

Para Mónica López e os seus compañeiros este foi un ano duro. Canda eles pasea polo centro de Lugo Sergio Lage, o monitor. O mesmo ca todo o persoal de centro, el tamén está vacinado.

Se as circunstancias o permiten, os paseos volverán ser algo cotián entre os residentes de ASPNAIS.

Noticias web

21/02/2021