CRTVG

Buscar

Israel négase a deter o ataque en Gaza e frustra a mediación internacional

Publicado o 18/05/2021 09:10
Israel négase a deter o ataque en Gaza e frustra a mediación internacional

Continúa o intercambio de ataques entre Israel e as milicias palestinas de Gaza, á espera de que a presión internacional facilite un cesamento do fogo.

De momento, nada indica que ambas as dúas partes estean dispostas a unha tregua. O presidente dos EUA, Joe Biden, volveu falar co primeiro ministro de Israel, que insistiu en que o seu obxectivo era seguir atacando obxectivos terroristas. Pero nas últimas horas informouse de que os ataques alcanzaran tamén unhas oficinas da Media Lua Vermella e unha clínica para a detección do coronavirus.

Noticias web

18/05/2021