CRTVG

Buscar

Os instrumentos tradicionais, protagonistas do Festival de Pardiñas, en Guitiriz

Publicado o 04/08/2019 18:52

En Guitiriz, o festival de Pardiñas, que este ano acada a 40 edición, continúa hoxe coa música como principal reclamo. Na mostra de instrumentos tradicionais, bombos e gaitas reivindican o seu protagonismo.

Pardiñas é sinónimo de música tradicional. O festival é un referente para os amantes da cultura galega. A mostra de instrumentos é unha parte esencial. Ademais da exposición, tamén é posible aprender a facer unha palleta.

Arredor dunha trintena de artesáns toman parte nesta mostra de instrumentos de música tradicional, organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos. Pasa por ser a máis antiga e importante da Península Ibérica.

Os tambores tamén reclaman o seu protagonismo. Un Obradoiro de Treboada, típico do Baixo Miño, é a banda musical deste domingo. A cultura galega inspira esta cita que comezou hai corenta anos nunha paraxe natural que invita á diversión e que mestura festa con artesanía e tradición.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/08/2019