CRTVG

Buscar

Os instrumentos de corda de 115 rapaces afínanse na illa de San Simón

Publicado o 05/07/2019 15:18

115 rapaces, todos instrumentistas de corda, e 20 profesores participan esta semana na oitava edición do San Simón Fiddel, unha experiencia única no medio da ría de Vigo, en concreto na illa de San Simón. 

Ás 10 da mañá os rapaces espánllase pola illa e en cada recuncho soan violíns, chelos ou guitarras. O curso está pensado para os que buscan algo máis que o que lles ofrece o ensino clásico.

Mañá sábado será o gran festival de remate do San Simón Fiddel. Unha aventura musical no medo do mar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/07/2019