CRTVG

Buscar

Os inmunodeprimidos comezan a recibir a terceira dose da vacina en Galicia

Publicado o 10/09/2021 14:09

Comezou a vacinación do primeiro colectivo que vai recibir a terceira dose en Galicia, que son os inmunodeprimidos. Hai 7.500 persoas nesa situación e este venres están citadas 50 das áreas sanitarias de Vigo, Santiago e A Coruña. Recibirán esa dose de reforzo en hospitais e centros de vacinación masiva.

"Temos aproximadamente 7.500 galegos nesa situación. Hoxe vacinaremos os 50 primeiros que teñen a indicación terapéutica para facelo, que son practicamente todos os transplantados de órganos sólidos (pulmón, corazón...) ou medula ou semellante. O obxectivo é poder facelo nun prazo máximo de 15 días a partir de hoxe, segundo explicou o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo.

Un total de 400 galegos recibirán a terceira dose da vacina contra a covid este sábado,

Noticias web

10/09/2021