CRTVG

Buscar

Os ingresados por coronavirus no hospital Povisa poderán comunicarse cos seus por videoconferencia

Publicado o 31/03/2020 21:21

Nestes días de confinamento, as videochamadas xa forman parte da nosa rutina diaria para falar cos nosos. A partir deste mércores, os pacientes con COVID-19 ingresados no hospital Povisa de Vigo poderán falar e ver os seus familiares grazas a un sistema de videoconferencia. Trátase duns servizo gratuíto e único en NEspaña que axudará os enfermos a sobrelevar o illamento.


Con este sistema, os pacientes terán plena autonomía e intimidade para manter conversacións privadas sen límite de tempo. Ofrece, ademais, a posibilidade de facer chamadas grupais.

A área sanitaria de Vigo facilita tamén a comunicación dos pacientes ingresados, tanto en Urxencias como nas Unidades de hospitalización, cos seus familiares. Vanse entregar equipos dixitais a un grupo de profesionais sanitarios voluntarios para que os pacientes poidan comunicarse por videoconferencia coa súa familia. Ao familiar de contacto se lle enviará unha mensaxe cunhas instrucións e un enlace para iniciar a videoconferencia.

 

Noticias web

31/03/2020