CRTVG

Buscar

Os informes forenses din que Desirée, a nena de Muimenta, faleceu por asfixia

Publicado o 04/07/2019 14:50
Os informes forenses din que Desirée, a nena de Muimenta, faleceu por asfixia

Onte levantábase o segredo de sumario no caso da morte da nena de Muimenta, e hoxe saen á luz novos datos, como que os informes forenses acreditan que Desirée non faleceu por envelenamento ou intoxicación senón por asfixia.Os restos de antidepresivos en sangue e no estómago eran mínimos. O informe non se especifica con que puido ser asfixiada pero todo apunta a que foi coa almofada polos restos de sangue que se localizaron na mesma. A única investigada pola morte da pequena é a súa nai que está en prisión provisional sen fianza no módulo de custodia de presos na Unidade de Psiquiatría do Hula.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/07/2019