CRTVG

Buscar

Os indíxenas toman o Parlamento do Ecuador ao berro de "Fóra, Moreno!"

Publicado o 08/10/2019 22:10

Manifestantes indíxenas tomaron este martes o edificio da Asemblea Nacional (Parlamento) do Ecuador ao berro de "Fóra, Moreno, fóra!", tras tirar abaixo o valado de seguridade que rodeaban a sede.

Esta atópase preto dun parque de Quito, que servía este martes de lugar de concentración a uns 10.000 membros de colectivos indíxenas, na véspera dunha marcha coa que esperan a derrogación de recentes medidas económicas ou a saída do presidente, Lenín Moreno.

Os disturbios e protestas en diferentes puntos do país sucédense desde o pasado xoves por mor de medidas económicas adoptadas polo Goberno, como a retirada do subsidio aos carburantes. Onte, o presidente tiña que levar o seu Goberno fóra da capital, a Guayaquil.