CRTVG

Buscar

Os independentistas comezan a campaña do si ao referendo

Publicado o 14/09/2017 09:43

Os independentistas cataláns comezan hoxe a campaña do si ao referendo. PdeCAT, ERC e a CUP darán o pistoletazo de saída nun acto en Tarragona ao que asistirán o presidente da Generalitat, Carles Puigdemont e o vicepresidente, Oriol Junqueras. Tamén acudirán entidades como a Asemblea Nacional Catalana, Òpium e a Asociación de Municipios pola Independencia. Nas vindeiras dúas semanas haberá máis de mil actos para defender a lexitimidade do referendo e as razóns para apoiar a independencia. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/09/2017