CRTVG

Buscar

Os incendios forestais vólvense cebar no concello de Lobios, no parque do Xurés

Publicado o 13/09/2020 17:56

A forza que está tomando na tarde do domingo o incendio de Río Caldo está obrigando a reforzar os labores de extinción e mesmo poderían entrar en acción efectivos da Unidade Militar de Emerxencia, tal e como se pediu para os incendios de Rairiz de Veiga e de Cualedro.

O concello de Lobios é un dos máis afectados este verán polos incendios forestais e na súa extinción participan tanto brigadas españolas coma portuguesas, que están atacando a fronte polo Pico da Nevosa, con 38 efectivos, once motobombas e un avión.