CRTVG

Buscar

Os incendios e a seca deixan os montes sen pasto para o gando

Publicado o 11/01/2017 20:45

Os comuneiros de Xuño, en Porto do Son, padecen esta situación dende hai dous meses

Os efectos dos incendios xunto coa seca están a deixar os montes sen recursos para alimentar o gando.

Os comuneiros de Xuño, en Porto do Son, padecen esta situación dende hai dous meses. Nesta zona, os gandeiros teñen que comprar a forraxe para os animais ceibos porque non atopan pastos frescos. Xa solicitaron axudas a Medio Rural e dende a Consellería contéstanlle que as que aínda non chegaron están pendentes de tramitarse.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2017