CRTVG

Buscar

Os incendios de Noiteboa deixan ducias de familias sen fogar en Valparaíso

Publicado o 26/12/2019 12:32

O Goberno chileno está convencido de que os incendios de Noiteboa en Valparaíso foron intencionados. O lume arrasou máis de cen casas nos cerros altos da cidade e deixou sen fogar ducias de familias.

As familias que vivían nas casas arrasadas polos incendios de Noiteboa en Valparaíso, Chile, buscan pertenzas entre os cascallos que aínda fumean. Limpan e recollen os restos e intentan, sobre todo, reconstruír as súas vidas, xa devastadas pola pobreza da zona e a situación convulsa que atravesa o país.

"Estabamos moi tristes con todo o que pasou en Valparaíso, que non se podía xa traballar, e agora finalmente perdemos o teito, o sustento da vida, para vivir", di unha muller.

"Esta é a casa da miña nai, costruíuna meu pai. Aquí nacín eu, naceron meus irmáns... Todo destruído", di outro dos afectados.

As autoridades sospeitan que foi un incendio intencionado, xa que empezou con dous focos simultáneos no monte e avanzou sen control ata as casas nas que as familias preparaban a cea de Nadal e das que tiveron que ser evacuadas. En novembro pasado outro incendio destruíu máis de 500 hectáreas.

Noticias web

26/12/2019