CRTVG

Buscar

Os incendios de California tinguen de laranxa San Francisco

Publicado o 10/09/2020 09:04

As ducias de incendios que arden en California deixan unha imaxe inédita. É San Francisco... Cos ceos dunha cor laranxa intensa provocada polo fume. Tan escuro nalgunhas zonas que mesmo parecía de noite. A cinsa caía como neve e cubría coches, fogares e mobiliario urbano. Desde que comezou o ano, os incendios arrasaron en California máis de novecentas mil hectáreas, unha cifra récord.

Noticias web

10/09/2020