CRTVG

Buscar

Os incendios de California deixan polo menos doce mortos

Publicado o 11/09/2020 09:44

Máis de 20 incendios forestais activos no estado de California, ao longo de toda a costa oeste dos Estados Unidos, deixan xa 12 falecidos, segundo confirman as autoridades locais. Búscanse, ademais, outra ducia de persoas que seguen desaparecidas no condado de Butte, onde un incendio activo avanza cara a Oroville. Hai polo menos tres mortos por mor do incendio rexistrado nesta zona. Este lume sería o décimo máis grande da historia do estado de California, segundo apunta o Departamento Forestal e de Protección contra Incendios.

 

Noticias web

11/09/2020