CRTVG

Buscar

Os incendios arrasan as costas mediterráneas de Turquía

Publicado o 01/08/2021 17:08

Os incendios, favorecidos polas altas temperaturas, están arrasando varias zonas costeiras do Mediterráneo.

En Turquía, que declarou o estado de catástrofe, son xa seis as persoas falecidas, entre elas, dous bombeiros, e centos os damnificados. As altas temperaturas, que superan os 40 graos, non axudan á extinción das lapas, que queimaron grandes extensións no sur e no oeste do país. Os incendios afectan toda a costa mediterránea turca, desde a provincia de Hatay, na fronteira con Siria, ata as provincias costeiras do mar Exeo.



 

Noticias web

01/08/2021