CRTVG

Buscar

Cae a ocupación dos hoteis galegos un 65%

Publicado o 24/11/2020 19:57

A ocupación dos hoteis galegos no mes de outubro baixou case un 65% con respecto ao mesmo periodo do ano pasado. Tamén se reduciron os prezos das habitacións en máis dun 12%. Os viaxeiros que se achegaron á nosa comunidade fron un 65% menos que en outubro de 2019. Unhas cifras algo menos malas que no conxunto de España, onde as pernoitas en hoteis caeron en máis dun 80%.

Reixas baixadas en moitos hoteis galegos, e a cifra vai en aumento. O sector calcula que case un 20% dos establecementos hoteleiros están a pechar de xeito temporal ante a caída das reservas. Moitos pasaron o último mes cunha ocupación que non chegaba ao 15% da súa capacidade.

Cada aloxamento trata de resistir á súa maneira e hai moitas diferencias entre os que pertencen a cadeas, os familiares ous os que pagan aínda hipotecas ou alugueiros. Pero para todos está a ser dificil resistir.

Con todo, manteñen activo o sistema de reservas para volver abrir en canto se recupere a demanda. Son pouco optimistas de cara a ponte de decembro e agardan o avance da pandemia para ver se salvarán as festas de Nadal.

Noticias web

24/11/2020