Os hoteis galegos despedirán un agosto histórico case completos
Publicado o 27/08/2021 21:01
Hoxe na Mariña non loce o sol pero iso non impide a masiva chegada de turistas. Tantos que moitos hoteis, en lugares como Ribadeo, están case completos. O teléfono non deixa de soar, e nalgúns aloxamentos falan de datos de ocupación históricos.
Moito turismo na Mariña e tamén no sur de Galicia, e iso agradéceno, e moito, o comercio e a hostalería. Turistas sobre todo españois que ademais, en moitos casos, repiten. O sector sabía que Galicia ía ser un dos destinos preferidos neste tempo de pandemia, pero din que os datos de ocupación mesmo están a superar as mellores expectativas.