CRTVG

Buscar

Os hoteis do Grove acollen unha proba de certificación ambiental dos establecementos

Publicado o 22/06/2021 14:45

Os hoteis do Grove acollen en Galicia a proba de Ecostars, un proxecto de certificación ecolóxica dos establecementos. Avaliarán, entre outras cousas, os consumos de auga e electricidade e asesorarán os hoteis sobre medidas para ser máis sostibles e eficientes.

"Ecostar é un rating ecolóxico para hoteis de forma que nuns anos, cando teñamos toda a información, os viaxeiros poidan tomar eleccións cunha información ecolóxica que lles permita tomar decisións e ser máis sostibles", sinala José Luis Santos, socio de Ecostars.

A certificación dos hoteis farase emulando as tradicionais estrelas para que os viaxeiros poidan recoñecer facilmente a calidade ambiental dos establecementos.

"As estatísticas din que un 70 % dos viaxeiros busca eleccións de viaxe máis sostibles. Os hoteis que queiran estar máis comprometidos co medio ambiente e ter menos consumos van a ver aumentado o número de viaxeiros que queiran ir aos seus hoteis ademais de ter un impacto en custos",, sinala José Luis Santos, socio de Ecostars.

Búscase así un turismo diferenciador e comprometido co medio ambiente. O obxectivo é reducir ata un 30 % o impacto dos hoteis ao tempo que os negocios poderán reducir os seus custos totais un 5 %.

Noticias web

22/06/2021