CRTVG

Buscar

Os hoteis de Sanxenxo colgan o cartel de completo para esta fin de semana

Publicado o 12/08/2021 14:45

Mediados de agosto e loce o sol no areal de Silgar, en Sanxenxo. É o destino elixido por moitos visitantes que buscan pasar as vacacións gozando do sol, a praia e a boa gastronomía.

"É un lugar único", comenta un turista. "Nós vimos cada ano dende Monforte", engade outra visitante. 

Tras o tempo revolto das últimas semanas, chegou a calor, e con ela dispáranse as reservas. Moitos hoteis colgan o cartel de completo, ante unha das fins de semana máis importantes do verán. Leonardo López, director do Hotel Carlos I Silgar, asegura que xa non teñen dispoñibilidade para sábado nin domingo". 

Unha ocupación hoteleira que en xullo acadou o 75 por cento, segundo o Consorcio de Empresarios Turísticos e que tamén repercute no comercio local.

"Nesta época do ano, os principais consumidores son os turistas", asegura o presidente da Asociación de Comerciantes Entretendas, Julio Presas. 

Sanxenxo pasará o sábado de nivel máximo de restricións a alto. O descenso de casos activos de covid no municipio permite suavizar as medidas e, segundo o sector, fai prever unha segunda quincena de agosto favorable para o turismo, con cifras semellantes ás de antes da pandemia.

Noticias web

12/08/2021