CRTVG

Buscar

Os hoteis de Lugo colgan xa o cartel de completo para o Arde Lucus

Publicado o 19/05/2017 13:26

Para as noites da primeira fin de semana de xullo apenas quedan prazas hoteleiras na cidade e os prezos dispáranse chegando ata os 900 euros o cuarto

Un ano máis, a cidade de Lugo será invadida por lexións de visitantes vestidos de romanos. Será na festa do Arde Lucus, que este ano se celebra a primeira fin de semana de xullo. Un mes e medio antes da súa celebración, os principais hoteis do centro xa non dispoñen de cuartos libres para os días grandes. De feito, moitas das prazas xa se reservan dun ano para outro, segundo aseguran os hostaleiros.  

O Arde Lucus é a meirande festa romana do país. Nos últimos anos, chegou a acadar os 600.000 visitantes, seis veces máis cá poboación local. De aí que as apenas 1.500 prazas hoteleiras da cidade axiña se ocupen. Ademais, nalgún hotel mesmo chegan a pedir 900 euros por un só cuarto, aínda que non é o habitual. Este ano o Arde Lucus estrea a declaración de festa de interese turístico de carácter estatal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/05/2017