CRTVG

Buscar

En Galicia hai un 30 por cento máis de hoteis de catro estrelas que hai 10 anos

Publicado o 19/08/2019 17:27

Galicia conta hoxe con 900 hoteis, un 8% máis que hai unha década. O 70% dos turistas opta por durmir neste tipo de establecementos, en que se realizan máis de 8 millóns e medio de pernoitas ao ano.

A maior parte das prazas está en hoteis de 4 estrelas, que medraron un 30% na última década. A provincia de Pontevedra, con Sanxenxo á cabeza, é a que máis establecementos e prazas oferta. Porén, o 59% dos concellos do país conta con hoteis no seu territorio, nunha oferta cada vez máis diversificada.

Precisamente, para mellorar a calidade dos aloxamentos turísticos, a Xunta puxo en marcha o Plan Mat, que vai repartir 1,2 millóns de euros entre 70 establecementos do país.

Noticias web

19/08/2019