CRTVG

Buscar

Os hoteis de categoría alta emprenden promocións para captar clientes

Publicado o 25/08/2020 21:10

Hospedarse nun hotel de catro ou cinco estrelas neste treito final do verán pode supoñer un aforro considerable, malia estar aínda en período de temporada alta. Os establecementos ofrecen distintas opcións de rebaixas coas que manter a ocupación.

A pandemia afectou duramente o sector. As cancelacións foron case totais no sector de eventos e congresos. Por iso, houbo que buscar fórmulas como as aulas virtuais para non perder actividade nese segmento.

Aínda que con variacións entre o centro e a periferia, e a costa e o interior, o certo é que a ocupación apenas superou o trinta por cento de media entre xullo e agosto. E as perspectivas para setembro son, hoxe en día, moi incertas.

Os empresarios demandan unha maior claridade normativa, e que non se criminalice a hostalaría como foco dos gromos. De feito, aseguran, as cifras de contaxio mantéñense cando boa parte dos establecementos están pechados.

Noticias web

25/08/2020